Grace Patricia Kelly foi unha das máis importantes actrices de Hollywood dos anos 50 , musa do director Alfred Hitchcock e esposa do príncipe Rainiero III de Mónaco.
BIOGRAFIA
Naceu en Pensilvania (Filadelfia) nunha familia católica de orixe irlandesa. Ainda que a súa familia se opuxo a que fose actriz chegou a cumprir o soño que albergaba dende que era cativa. Foise a Nova York onde emprendeu o traballo de modelo e estudou interpretación na Academia Nacional de Arte Dramático.
En 1949 conseguiu o seu primeiro papel na zona de teatros máis prestixiosa de Nova York. Traballou na televisión, pero decidiu marchar aos Ánxeles e probar sorte no cine. En 1951, aos 22 anos realizou a súa primeira película chamada "Catorce Horas" cun papel secundario. A súa elegancia e delicada beleza chamaron a atención en Hollywood, de maneira que aos anos seguintes ofreceuselle un papel principal en western "Só ante o peligro", xunto outra celebridade, Gary Cooper.
A súa seguinte película foi "Mogambo", xunto a Clark Gable e Ava Gardner, pola cal foi candidata ao Óscar como mellor actriz de reparto.
En 1954 aos 25 anos, gañou un Óscar como mellor actriz principal por "A angustia de vivir", levada a cabo por Bing Crosby e William Holden.Dise deste Óscar que llelo concederon para facela máis famosa e para beneficiar ao principado. Tamén se di que llo roubou a Judy Garland porque Grace non era unha boa actriz.
O seu casamento realizouse o 14 de maio de 1956. A partir de entón a súa vida e o seu traballo estiveron dedicados por completo a súa familia e ao principado.Tivo tres fillos con Rainiero chamados Alberto, Carolina e Estefanía.
O 13 de setembro de 1982 a princesa Grace sufriu un grave acidente cando dirixía o seu autocar por unha estrada preto de Mónaco. Levaba a súa filla Estefanía, quen saiu sen rasguños e da que se creu que foi quen conduciu o autocar nese momento. Ao día seguinte a princesa morreu no Centro Hospitalario Princesa Grace, con 52 anos.