miércoles, 17 de junio de 2009

Os TipoS dE pLanOs

O audiovisual ten a súa propia linguaxe. Os tipos de planos e unha delas. Na actualidade atopamolos en calquer lado. Distinguense diferentes tipos:
-O Contrapicado:as imaxes vense dende abaixo.












-Picado:
vese a panoramica dunha imaxe dende arriba.












-O Plano Panorámico (P Pan):
amosa espazos onde vai ocorrer unha acción.














-
Plano xeral (PX):mostra unha persoa completa.
















-Plano americano ou tres cuartos (PA):Presenta a figura humana cortada polos xeonllos.















-Plano medio (PM): Corta a figura humana polo peito.
















-Primeiro plano (PP): mostra a cabeza ou calquer outra parte vista dende moi preto.












-
Primeirísimo primeiro plano (PPP): destaca algo que poderia pasar desapercibido.

Os BloGs Da ClAse!!

adrianxacalbarranha.blogspot.com

alexozoresbarranha.blogspot.com

belentrinhanesbarranha.blogspot.com


bertaromerobarranha.blogspot.com

daniriosbarranha.blogspot.com

diegoromerobarranha.blogspot.com

elisabetlagobarranha2.blogspot.com

juancarlossanchezbarranha.blogspot.com

judithlainhobarranha.blogspot.com

leticiavidalbarranha.blogspot.com

mariavidalbarranha2.blogspot.com

michaelreybarranha.blogspot.com

oscarabeijonbarranha.blogspot.com


paulagarciabarranha.blogspot.com

piliouteiralbarranha2.blogspot.com

rubenbarranha.blogspot.com

soniatorradobarranha2.blogspot.com


susanaoliveirabarranha.blogspot.com

tamaralainhobarranha.blogspot.com


taniagomezbarranha.blogspot.com

viernes, 24 de abril de 2009

TrAbAlLo Da WiKI

GRACE KELLY (12 de novembro - 1929, 14 de setembro - 1982)
Grace Patricia Kelly
foi unha das máis importantes actrices de Hollywood dos anos 50 , musa do director Alfred Hitchcock e esposa do príncipe Rainiero III de Mónaco.

BIOGRAFIA

Naceu en Pensilvania (Filadelfia) nunha familia católica de orixe irlandesa. Ainda que a súa familia se opuxo a que fose actriz chegou a cumprir o soño que albergaba dende que era cativa. Foise a Nova York onde emprendeu o traballo de modelo e estudou interpretación na Academia Nacional de Arte Dramático.
En 1949 conseguiu o seu primeiro papel na zona de teatros máis prestixiosa de Nova York. Traballou na televisión, pero decidiu marchar aos Ánxeles e probar sorte no cine. En 1951, aos 22 anos realizou a súa primeira película chamada "Catorce Horas" cun papel secundario. A súa elegancia e delicada beleza chamaron a atención en Hollywood, de maneira que aos anos seguintes ofreceuselle un papel principal en western "Só ante o peligro", xunto outra celebridade, Gary Cooper.

A súa seguinte película foi "Mogambo", xunto a Clark Gable e Ava Gardner, pola cal foi candidata ao Óscar como mellor actriz de reparto.

Na súa curta carreira cinematográfica, Grace foi unha das actrices preferidas de Alfred Hitchcock, con que traballou en tres películas máis; "Crime Perfecto" con Ray Milland, "A ventá indiscreta" con James Stewart, e " Atrapa a un ladrón", con Cary Grant. Esta última feita en Mónaco, donde A actriz coñeceu ao seu futuro esposo, o príncipe Rainiero. Tamén traballou ao lado do Sir Alec Guinness na película "O cisne".

En 1954 aos 25 anos, gañou un Óscar como mellor actriz principal por "A angustia de vivir", levada a cabo por Bing Crosby e William Holden.Dise deste Óscar que llelo concederon para facela máis famosa e para beneficiar ao principado. Tamén se di que llo roubou a Judy Garland porque Grace non era unha boa actriz.

A súa última película foi "Alta sociedade", novamente con Bing Crosby. Despois trasladouse a Mónacopara casar co príncipe,con quen se manifestou o abandono desta do cine.
O seu casamento realizouse o 14 de maio de 1956. A partir de entón a súa vida e o seu traballo estiveron dedicados por completo a súa familia e ao principado.Tivo tres fillos con Rainiero chamados Alberto, Carolina e Estefanía.
O 13 de setembro de 1982 a princesa Grace sufriu un grave acidente cando dirixía o seu autocar por unha estrada preto de Mónaco. Levaba a súa filla Estefanía, quen saiu sen rasguños e da que se creu que foi quen conduciu o autocar nese momento. Ao día seguinte a princesa morreu no Centro Hospitalario Princesa Grace, con 52 anos.